Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Maio 2008

España desfaise, coño

callobre 30/05/2008 @ 22:32

Urbano Lugris, o pintor do mar

callobre 28/05/2008 @ 20:43

Urbano Lugris foi un fabulador e un soñador que mesmo chegou a diluir a súa vida privada coa artística.

Constitúe un dos máximos exponentes da plástica galega onde o mar goza dunha personalidade propia. Descúbreo no vídeo

O Guernica en tres dimensións

callobre 27/05/2008 @ 21:32

A famosa obra de Picasso vista dende outra perspectiva. En 3D  pódese apreciar mellor cada un  dos detalles  ca compoñen.
Pincha na imaxe para entrar.

guernica3d.JPG

Recollo esto de atormentado 74 

Primeiro torneo de futbolin Alejandro Finisterre en Londres

callobre 25/05/2008 @ 02:59
Ingrese o seu equipo (dúas persoas) para gañar este prestixioso torneo de fútbolin que organiza a Resonance104.4fm . Simplemente vire no Bar Kick o domingo ás 2 p.m . No programa do día inclúen a proxección de Bep Moll da Fonte "Tras o Fubolin", un documental narrando a historia da vida de Finisterre - e unha transmisión en vivo da final. futbolin.jpg

Para máis información de como entrar ((é simple!), manda un correo a footie@resonancefm.com Domingo 25 de Maio de 2008 ás 2pm. Planta baixa no Bar Kick, 126-127 Shoreditch High Street, Londres E1.

Encontro da Diversidade “Mundo Mestura” no Ferrol

callobre 23/05/2008 @ 20:36

mestura.jpg
O Cantón de Molíns converterase este fin de semán nun espazo onde a Consellería de Benestar Social, Xuventude e Solidariedade propiciará o encontro das distintas realidades culturais que conviven en Ferrol. A través da celebración do Encontro dá Diversidade "Mundo Mestura" tratarase de tender pontes de unión entre estas culturas con actividades dirixidas tanto a nenos como a adultos.

Segundo explicou onte a edil Beatriz Sestayo, haberá talleres de artesanía típica dos diferentes países do mundo, teatro na rúa, bailes e unha feira de comercio xusto. Na súa organización colaboran as asociacións de inmigrantes radicadas en Ferrol, como son a Asociación Cultural E.P. Uruguai Galicia, a Asociación de Ecuatorianos e Latinoamericanos e Asmirefe. Asi, mañá a partir das doce do mediodía inauguraranse estes encontros e procederase á apertura da feira de comercio xusto, na que participará a cooperativa de consumo responsable A Xoaniña, artesáns da comarca e a ONG Solidariedade Internacional. A Xoaniña achegará produtos con criterios de calidade, sustentabilidad e proximidade entre o lugar de produción e o de consumo, pois se trata dunha empresa que promove a agricultural ecolóxica e trata de evitar intermediarios de forma que os produtores reciban un pago xusto polo seu traballo.

"Mundo Mestura" tamén contará cun grupo de artesáns de Ferrolterra que exporán os seus produtos confeccionados de forma tradicional e ás seis da tarde exhibirán diferentes técnicas artesanais, como cristal soprado, cartón pedra ou licores artesanais. Así mesmo, Solidariedade Internacional ofrecerá produtos de comercio xusto de lugares como Tanzania, Etiopía, Colombia ou Cuba, entre outros.

Tanto o sábado como o domingo o Cantón acollerá actividades solidarias. Así, haberá pasacalles coa Escola de Samba Zumbón, Os Taburetes e Os Chiquilicuatres; animación teatral co grupo Picompé; a yincana "Xogos do mundo"ou un taller de danzas coa escola de teatro N 1. Neste aprenderase unha danza europea de nome "maying-maying". A continuación participarán grupos de samba, danza oriental, capoeira, de Senegal e de Galicia.

Pincha aquí si queres ver a programación completa.

PIRATA TV - APAGHA A TEEEELE!!

callobre 20/05/2008 @ 23:24

Moi pronto algo vai cambiar na tv deste país.

O ABORDAXE DAS ONDAS E

INMINENTE. !!!!

PIRATA TV

tv-pirata.jpg

Bilinguismo

callobre 18/05/2008 @ 12:07

AMI edita com motivo do dia das letras um filme de deseños animados titulado "VILINGÜISMO" que distribuirá  entre a mocidade, a traves de internet e en cd's.

Buscador de torrents

callobre 17/05/2008 @ 18:45

Ao fin, despois de tantisimo tempo, chegou , unha paxina con moitisimos servidores de Torrents integrados nun  so buscador,  acabouse ir buscando en paxinas de cada servidor os archivos a baixar, agora e tan doado como google pero para torrents, ben, ainda non estan todos pero demoslle tiempo, esto e unha futura fortuna da web 2.0...

Botarlle un vistazo si baixades cousas normalmente polo bittorent .

Sada lembra os irmáns Suárez Picallo

callobre 17/05/2008 @ 17:19

Un grupo de persoas de Sada formou unha comisión que pretende renderlles homenaxe aos irmáns Suárez Picallo, Ramón e Antón. Vai facer 43 anos da morte de Ramón, mentres que Antón fora paseado ao comezo da Guerra Civil, en 1936. Ademais de organizar diversas actividades, o fin último é conseguir traer á súa vila natal os restos de Ramón Suárez Picallo, enterrados en Arxentina, e cumprir así coa súa vontade de descansar na súa terra.

ramon-suarez-picallo2.jpg

Ramon Suarez Picallo 

Programa das I Xornadas Suárez Picallo - Sada 2008

Podes ver o programa completo premendo aqui. xornadas-suarez-picallo.jpg

"Poesía contra a ignorancia"

callobre 17/05/2008 @ 01:24

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

A macrourbanización do Monte do Piñeiro en Miño paralizouse pola falla dun informe medioambiental

callobre 14/05/2008 @ 14:38

O Tribunal Superior ordeou a suspensión para evitar posibles danos ao entorno

marismas-de-mino.jpg

O Concello de Miño asegura que o plan parcial para desarrollar a macrourbanización no monte Piñeiro -ante a marisma de Baxoi- naceu sin un estudo ambiental «por orde expresa» da Xunta. E precisamente a ausencia de ese informe o que levou a Sala Segunda do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a paralizar a construcción de 700 vivendas.

Leer mais: Voz de Galicia

XXI Feira das Flores en Vilarmaior

callobre 14/05/2008 @ 07:58

XXI Feira das Flores, ( Feira do tres) en Vilarmaior o domingo 18 de maio do 2008

PROGRAMA

10:00 Apertura da XXI Edición da Feira das Flores a cargo de José Ramón Rioboo, editor do xornal “El Entono Metropolitano”

10:15 Actuación folclórica:

  • Agrupación Folclórica Ferreñas de Vilarmaior
  • Apertura da Inscripción no Concurso de Cans.
  • Apertura de exposicións florais e artesanais (Mulleres Rurais e Obradoiros Municipais).

10:45 Inicio do Concurso de Cabalos de Andadura. (Os participantes nas modalidades de Andadura teñen que estar inscritos na Federación Hípica Galega. Este Concurso é puntuable para o Campeonato Galego de Andadura)feira-das-flores.jpg

Andadura Chapeada Andadura Serrada

1º Premio: 150 Euros + Trofeo 1º Premio: 150 Euros + Trofeo

2º Premio: 120 Euros + Trofeo 2º Premio: 120 Euros + Trofeo

3º Premio: 90 Euros + Trofeo 3º Premio: 90 Euros + Trofeo

4º Premio: 60 Euros + Trofeo 4º Premio: 60 Euros + Trofeo

5º Premio: 30 Euros + Trofeo 5º Premio: 30 Euros + Trofeo

6º Premio: 30 Euros + Trofeo 6º Premio: 30 Euros + Trofeo

7º Premio: 30 Euros + Trofeo 7º Premio: 30 Euros + Trofeo

8º Premio: 30 Euros + Trofeo 8º Premio: 30 Euros + Trofeo

11:45 Exhibición de adestramento canino: Grupo de traballo Gerión (do Concello de Cambre).
15:30 Apertura da inscripción no Concurso de Cabalos (Doma e Arrastre) e Cans.
16:30 Concurso de cans:

Caza (Pelo) Caza (Pluma) Compañía

1º Premio: 120 Euros + Trofeo 120 Euros + Trofeo 120 Euros + Trofeo

2º Premio: 90 Euros + Trofeo 90 Euros + Trofeo 90 Euros + Trofeo

3º Premio: 60 Euros + Trofeo 60 Euros + Trofeo 60 Euros + Trofeo

Un único trofeo para cachorros

17:30 Concurso de Cabalos:

Arrastre Doma

1º Premio: 200 Euros + Trofeo 150 Euros + Trofeo

2º Premio: 150 Euros + Trofeo 120 Euros + Trofeo

3º Premio: 100 Euros + Trofeo 90 Euros + Trofeo

4º Premio : 60 Euros + Trofeo

5º Premio: 30 Euros + Trofeo

19:30 Entrega de premio y clausura.

Admitida a trámite unha denuncia do PSOE de Miño contra o alcalde por prevaricación

callobre 14/05/2008 @ 00:16
Os socialistas entenden que as actuacións do alcalde e os edís no proxecto do monte Piñeiro son constitutivas de delito
 
Miño, 13 de maio de 2008.- O PSOE de Miño presentou unha denuncia na fiscalía especializada en delitos urbanísticos que foi admitida a trámite e na que entenden que as actuacións do alcalde e os edís no proxecto do monte Piñeiro son constitutivas dun delito de prevaricación.
Aseguran que a urbanización «vaina a executar a empresa que antes do concurso sabíase beneficiaria e a tramitación vaise realizando sobre a marcha, a fin de ir cubrindo aos poucos o expediente expropiatorio con independencia de se a súa tramitación axústase á legalidade. Cabe concluír, tamén, que neste caso a finalidade da expropiación é allea a calquera interese social», detalla a edil Enma González na ampliación da denuncia presentada o pasado 14 de marzo.
Leer máis: PSdeG- PSOE

O Concello de Miño dilapida o Patrimonio dos ciudadans de Miño

callobre 13/05/2008 @ 14:16

monte-pineiro-foto-buena.jpg

A urbanización proxectada no Monte Piñeiro (Miño), e inxustificada; é unha nova operación inmobiliaria.
Este proxecto, lonxe de velar "... por los intereses de todos los ciudadanos de Miño, desde el punto de vista ambiental, ... social ..." como se chega a afirmar no E.I.A., executaríase sobre unha ampla superficie agreste susceptíbel de ser aproveitada como unha grande área verde encostada á vila de Miño, destinada ao lecer da veciñanza e a actuar como freo do imparábel avance urbanístico cara a Marisma e cara a Praia Grande de Miño.
Debido á nefasta e insustentabel política urbanística levada a cabo até a data, antepoñendo os intereses das empresas inmobiliarias aos intereses xerais e ao benestar da veciñanza, o Concello de Miño carece de suficientes espazos verdes públicos.
A substitución da urbanización proxectada no Monte do Piñeiro por un grande espazo verde arborado reportaría unha maior calidade de vida aos habitantes da Vila de Miño; satisfaría a demanda de amplos espazos verdes públicos actualmente inexistentes; melloraría a estética da vila e a calidade paisaxística do municipio, rachando coa teima de edificar até o último recuncho; cumpriría a función de "pulmón verde" para contribuír a mitigar a polución atmosférica que se xera sobre o nucleo urbán.
Un incremento innecesario das edificacións na zona, ademáis dun despilfarro de recursos, implicaría tamén unha maior xeración de resíduos de todo tipo, e moi especialmente de augas residuais, correndo o risco de que a Marisma do Baixoi acabe contaminándose nun breve espazo de tempo ao verse incrementados os efluentes da E.D.A.R. que se está construíndo en Ponte Baixoi coa conexión da nova urbanización que se pretende no Monte Piñeiro, dado que a capacidade desa depuradora veríase limitada para tratar de xeito eficiente un excesivo caudal de efluentes. Débese ter en conta que á capacidade prevista inicialmente para dita depuradora, que era de 5.000 habitantes (parroquias de Perbes, Vilanova, Castro e Leiro), vánselle engadir agora os efluentes procedentes da macro-urbanización "Costa Anácara" ou "Costa Miño" e do polígono industrial de Vidrieiro (Pontedeume), que no seu conxunto equivalen a 20.000 habitantes. Coa incorporación da urbanización S. Uble r-3 O Piñeiro, dubidamos que a E.D.A.R. de Ponte Baxoi teña suficiente capacidade para tratar de forma axeitada toda esa carga contaminante. No caso de avaría ou de calquera situación anómala, habería que liberar os efluentes sen tratamento previo ao Rio Baixoi, afectando á marisma e á praia de Miño.

Fonte: Verdegaia

Entrevista a Antón Moreda no Vieiros

callobre 12/05/2008 @ 22:37

"Se Galiza fose un Estado teriamos a dignidade de dicir 'na miña casa mando eu'"

anton-moreda.jpg

Vieiros entrevista o histórico galeguista Antón Moreda, confinado no hospital psiquiátrico de Ribeiras do Leia desde hai corenta anos. "Histórico galeguista" ainda que non gosta de ser condiderado como tal, isto apesar de ter fundado no seu Buenos Aires as Mocidades Galeguistas ou, xa na Galiza, o Consello da Mocidade.

Fonte: Vieiros

Quelentaro

callobre 11/05/2008 @ 11:24

quelentaro.jpg
Quelentaro formouse no 1960 en Chile. Os seus membros orixinais eran Gastón Guzmán, Eduardo Guzmán, Valericio Lepe, Eladio López y Arinaldo Álvarez. Sendo os irmáns Gúzman, nados de pais labregos con descendencia mapuche, os membros que estuverao durante a mayor parte da carreira do grupo ata agora .O Seu primer traballo e de invitados no disco Carpa de la Reina de Violeta Parra, quén axudaría a Quelentaro nas suas primeiras andainas. Logo de grabar o disco Huella Campesina no ano 1967 o grupo disolvevese pasando a ser Quelentaro o dúo dos irmáns Guzmán.
As suas letras son a expresión máis xenuina da sabiduría popular rural, esa que xamáis ensinouse nos colexios nin nas universidades e que non se fundamenta na lóxica. E esa erudición que nace do terruño; de caerse e caerse, e levantarse e levantarse; de palpar os dores e sinsabores de esta vida e devolvelos logo convertidos en coplas, zambas ou chacareras.

Quelentaro e a historia de Chile en coplas.

Todos con el Sahara

callobre 09/05/2008 @ 23:16

saharaui.jpg

Campaña de recollida de firmas para a solución do conflicto do Sáhara.

Colabora e firma o manifesto, non sexas insolidario.

Inmigrantes...

callobre 09/05/2008 @ 14:06

O Vello Pancho dixo:

No puedo olvidar que hoy siguen llegando a nuestras costas los que quieren sobrevivir,los que buscan una oportunidad y proviniendo de paises esquilmados en sus riquezas, se encuentran con la muerte...Y en el mejor de los casos, se la aplazan devolviendolos o deportandolos....

Por ellos, porque no podemos ser indiferentes vean estas imágenes y difundanlas...

Polo Dereito a Vivirmos en Galego

callobre 09/05/2008 @ 13:27

A nosa querida Laura dixo:
lingua-propia.gif
Benqueridos todos:

Quero facervos partícipes dunha iniciativa a prol do galego coma lingua propia dun país que medra sen facer mal a ninguén e que tan só pide un respecto para o que lle é por xustiza. Tódolos pobos teñen dereito ao libre desenvolvemento, ao seu progreso, e a unha evolución cara ao futuro sen que por iso deban perder sinais d'identidade. Por todos é sabido que o pobo galego presenta moitas peculiaridades que, en troques de afastalo do resto dos pobos, tan só o identifica como tal, permitindo así poderse relacionar cos demais veciños deste mundo plural, e diverso. A lingua coma medio de comunicación é unha condición básica prá identidade de cada pobo, pero no canto de Galiza (coma noutros moitos casos), a lingua representa aínda máis, xunto cos costumes, as tradicións culturais, a personalidade social..., constitúe o cerne dunha identidade que nos permite loitar polos dereitos que temos (xa sexa coma persoa individual, ou caoma pobo), e que nunca debemos deixar que se nos vulnere, pois perderíamos a posibilidade de medrar para nós, e de medrar para o resto do mundo, ao que moito lle podemos aprender, abofé que si.
Xa que logo, prégoche que teñas en conta este chamamento que fago, pídoche que lle adiques un intre a ler este manifesto, e vontade de respaldalo, polo noso ben, o dos galegos, e polo ben de todos, un mundo plural.
Se es galego, asina; se estás preocupado pola cultura neste mundo, asina; se es unha asociación, asina.

Logo de le-lo manifesto podes picar no enlace dende onde poderás asinalo. Grazas.
Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional "Polo dereito a vivirmos en galego" este 18 de maio de 2008, declaramos:

1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como "a lingua propia" do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

PRA ASINA-LO MANIFESTO SOMENTES DEBES PICAR NO ENLACE QUE VÉN DESEGUIDO:

Enlace: A Mesa pola normalización linguistica

Non pares de agardar por nos....

callobre 08/05/2008 @ 21:00

1210274918_tmp_08-05-06_cadro_homenaxe_marga_055.jpgQuerida Marga Bellas

Velaí que hoxe compartimos unha ocasión de ser felices. Neste fulgor animoso da tarde por maio. Tecendo sentimentos. Recoñecendo. Neste espacio de andar primoroso que é Galiza. No pobo do galego. En respiro comunal. Nesa esperanza. Contigo.

¡ Velaí que hoxe compartimos unha ocasión de ser felices!

Afortecendo desexos para que se abran máis camiños. Con voz
enteira. A nosa voz. Afirmando fidelidade. Con acentos de intensidade compartida. A punto de caramelo. Sen tempos mortos. No significado do colectivo. Motivando convivencia. En canto de tripulación. De intuición en intuición. Neste día que celebrar. Contigo.
E así permíteme Marga agora ....... que me pare para pensar nesta pausa. Nesta pausa que nos escribe o posible dun desexo. Un desexo ao que se sobe sempre. Coa memoria. Coa que ten forzas para levarnos a calquera lugar que precisemos. Nesta pausa. Para o recordo.

¿ Velos contigo Marga ?

Velos aí.... a Nani, a Cris, a Miño....... Mira ben ......

Velos aí tamén entre nós...... a Mabel. a Graciela, a Laura, a Gustavo, a Juanjo, a Antón............. ¿ Velos?
E mira ti ben ..... ¿ E acaso non ves tamén entre todos nós a Castelao, a Benedetti ..... a Manuel María ? Pois estanche........
E tamén outros. Presentes. Marga. Non disculparon a asistencia. Están aquí. E coma sempre........ Pois así de aí..... entenderás esta pausa. A do posible. Ese desexo. Contigo. E tamén connosco. Marga.

¡ Velaí que hoxe compartimos unha ocasión de ser felices!

E facémolo Marga no magnetismo das nosas emocións que se propagan por todos os nosos corazóns. Nese albo de marabilla. Recoñecéndote. E nomeándote. Pois mal se ten conta da cabeza cando se perde o corazón e o cinismo poderíanos servir para nos protexer dos compromisos.

Pero...... ese non che é o noso caso. Xa que en nós - repito- priman os mandados dos nosos corazóns. As emocións que nos obrigan a sentimentos de ben. De aprezo. De respecto.

E segue...... Segue a escoitar as voces dos teus amigos. Segue tan mestre coma sempre. A dar lección continuada. Non pares de lle botar pulsos ao que non debe ser. Non deixes de valorar o aroma do vaso que se enche. Ese proxecto de contino. Sempre ao nacente.

E non pares de agardar por nós ...... pero andando (como dicía Alexandre Bóveda). . Por iso segue a militar na esperanza. E faino na madureza que deveñen os teu corenta e nove maios consolidados. Pois un ben de auga xa pasou polo río. Que un dos da " ferrocachina" pintou en ouros. E matou ao tres. E esa fuches ti. Por iso nós recoñecemos canto hai de marabilloso na túa existencia.

E gostamos plenamente de ti ....Marga Bellas. Pois asumiches fondamente a túa cidadanía no mundo. E así exerces con feitos e con plenitude a percepción pública deste mundo. Nunca fuches indiferente.

¡ Velaí que hoxe compartimos unha ocasión de ser felices!

Velaí pois Marga a nosa estima, a dos teus amigos, que velai tamén che vai :

con M...... DE MATERNIDADE
con A...... DE AMOR.....
con R...... DE REPOUSO......
con G..... DE GALIZA ....
con A..... DE AMISTADE

Por sempre te recoñecemos.......

Homaxe postumo de Asmirefe a Marga Bellas

callobre 03/05/2008 @ 22:28

A Asociación Migratoria de Residentes en Ferrolterra (Asmirefe) rendirá o próximo martes un homaxe póstumo a Margarita Bellas, fundadora da entidade finada fai un ano.rolda-de-prensa-asmirefe.jpg

A agrupación, presidida por Mabel Charquero, programou un acto na galería Sargadelos o martes dia 6 as ocho da tarde na que participarán diversas persoas relacionadas coa homenaxeada.

Fonte : Diario de Ferrol

Fonte: CIG

Fonte: Canal 31 Ferrol

Fonte : A voz de Galicia

Fonte : Chuza

Fonte : Con Razon y Corazon

Fonte : CAP-L Cerrolargo

No te calles nunca

callobre 02/05/2008 @ 21:41